O Concello de Vimianzo conta dentro do seu patrimonio histórico cun importante número de igrexas que recollen diferentes estilos arquitectónicos. Dende a Idade Media ata a Época Contemporánea, o percorrido resulta moi interesante tanto pola arquitectura, coma pola imaxinería que atopamos: vestixios do Románico, Barroco, Neoclasicismo…que dende aquí invitamos a coñecer e desfrutar.