Carballo de Cereixo

Villa Purificación

VILLA PURIFICACIÓN

Os edificios máis interesantes do núcleo de Cereixo son sen dúbida as Torres de Cereixo e Vila Purificación. Esta última é casa construída a finais do século XVIII que ten unha planta en forma de L e 2 andares. Orixinalmente a parte de abaixo adicábase a almacén e corte e a zona residencial situábase no primeiro andar. Na parte posterior da casa son interesantes as escaleiras cun balaústre de pedra de estilo compostelán e o elemento máis coñecido da vila, o seu impresionante cabazo de pedra.

O CABAZO

Dentro da propiedade de Vila Purificación, unha das casas máis antigas de Cereixo, pódese ver un dos cabazos de maior lonxitude de Galicia. Trátase dun cabazo do tipo «Fisterra», realizado totalmente en pedra que conta con nove pares de pes.

O seu grande tamaño débese a que Vila Purificación era o lugar de Cereixo onde se cobraban os foros da zona. Como moitos foros pagábanse en especie, normalmente cereais (trigo, millo…), precisábase dun bo celeiro para gardalos.



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X