Carballo de Cereixo

Bosque

BOSQUE GALERÍA

Na desembocadura do río pódense atopar especies animais tipicamente fluviais: Mamíferos carnívoros como a lontra, ou peixes como a troita e o escalo. Pola súa beira podemos gozar dunha área de paseo que transcorre por medio dun característico bosque galería no que podemos atoparnos carballos, ameneiros, salgueiros, acivros, loureiros…

Ao longo do a desembocadura do río hai un paseo fluvial sobre pasarelas de madeira que unen o núcleo de Cereixo e a Igrexa parroquial co muíño das Torres. Durante o percorrido o visitante pode gozar dun paseo por unha zona de gran beleza e fraxilidade e poderá ampliar os seus coñecementos sobre a flora, a fauna e a historia deste espazo a través de diversos paneis informativos.

Ligazóns



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X