Carballo de Cereixo

Muíño de marés

HISTORIA

O muíño de mareas de Cereixo, chamado tamén muíño das Torres, foi construído no ano 1674. Esta é a data que aparece nun documento de foro outorgado por Juan Taboada Ribadeneira, conde de Taboada e «señor de la Puebla de Cereixo», aos irmáns Andrés e Pedro de Espasantes. No foro cédese terreo para levantar un ou dous muíños no lugar coñecido como «Pozo de Ranas» e a cambio da cesión debían pagar unha renda anual de 6 ferrados de trigo e 2 galiñas.

É o terceiro muíño de mareas en antigüidade dos conservados actualmente en Galicia, despois do muíño de Neda (1609) e o muíño da Seca (1622)en Cambados.Está construído xusto na confluencia do Río de Carnés ou Río Cereixo co río Grande. Aproveitaba tanto a auga do río como a subida da marea que facía mover 3 moas: unha moía trigo e as outras dúas millo. Sempre foi administrado por caseiros ata que en época contemporánea a condesa vendeullo a Eliseo Moreira. En 1967 foi mercado polo coreógrafo José Manuel Rey de Viana.

Ligazóns



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X