Un dos pazos máis impoñentes de toda a Costa da Morte son as Torres de Cereixo.
Semella que foron construidas no século XVI e a súa configuración renacentista lembra moito ás veciñas Torres do Allo, no Concello de Zas. Ten unha planta en forma de L e unha fachada situada entre dúas torres coroadas con merlóns. Aínda que presenta un aspecto defensivo, isto non é máis que unha posta en escea moi propia da época e en realidade funcionou como edificio pacego.