No proxecto participan 20 municipios rurais de 6 países distintos da UE (España, Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia), que desenvolveran, durante un período de 2 anos, un amplo abano de actividades de participación cidadá a nivel local e internacional co fin de sentar as bases dunha rede rural europea para a mobilidade laboral. A través destas accións, realizarase un diagnóstico da situación e das necesidades das comunidades participantes no proxecto sobre a mobilidade laboral europea, identificaranse boas prácticas locais, nacionais e europeas que serán transferidas a rede e desenvolveranse liñas de actuación, actividades e ferramentas para ser promovidas por esta, a fin de mellorar os servizos de apoio á integración positiva das persoas involucradas nun proceso de mobilidade, así como para fomentar a convivencia na diversidade das comunidades participantes. Por último, co fin de garantir a continuidade da rede máis alá da vida do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade.
Este plan tamén incluirá directrices sobre como identificar, transferir e formalizar novas colaboracións con outros municipios rurais europeos, e articulará un marco común para a colaboración que garanta a correcta execución das accións e iniciativas do proxecto ERN4mob no futuro por parte das entidades socias do proxecto.