ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility é un proxecto europeo promovido no marco do programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Capítulo 2. Compromiso democrático e participación cidadá, Medida 2.2 Redes de Cidades) que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.
Calendario
- Data de inicio do proxecto: 1 de xaneiro de 2016
- Data de finalización do proxecto: 31 de decembro de 2017
Orzamento
127.500 €
Participantes
Cidadáns da UE que participen nun proceso de mobilidade, que vivan noutro país europeo principalmente por motives laborais; inmigrantes á UE; inmigrantes de segunda xeración que cambiasen a súa residencia a outro país da UE; cidadáns da UE establecidos noutro país europeo despois de se retiraren. Porén, as actividades do proxecto están tamén dirixidas ao público xeral das comunidades rurais, especialmente á xente moza desempregada e as persoas que teñan entre a súa familia, amigos e veciños persoas ás que lles afecte algunha situación de mobilidade. Estímase que participarán nas actividades do proxecto un total de 470 persoas.