FOODWAVE FOODWAVE FOODWAVE FOODWAVE

Descripción

Queremos comprometer aos mozos de Vimianzo (16-35 anos) para cambiar o seu comportamento de consumo dealimientose promover activamente o cambio cara a sistemas alimentarios ecolóxicos e inclusivos, como parte da estratexia para mitigar o cambio climático.

Dirixirémonos a estudantes, a mozos que non estudan nin traballan, a mozos ocupados e a mozos de familias con negocios relacionados coa alimentación.

Teremos en conta os saberes da comunidade local relacionados coa produción, preparación e conservación dos alimentos. E tamén, teremos en conta o uso que se daba outrora aos desperdicios de alimentos: receitas con sobras de comidas, alimento dos animais e abono. Os cambios na sociedade provocaron que actualmente se lle das costas a todos eses saberes que gardaban harmonía coa natureza e que eran exemplo de desperdicio cero.

O centro do proxecto vai ser un conxunto de talleres, destinados a mozos con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos, baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos. Son talleres prácticos que se desenvolverán en espazos de traballo (cociña, xardíns, comedores, hortas, visitas a industrias e lonxas de peixes) e abordarán temas como a identificación dos produtos locais, a filosofía deSlowFood(alimentos bos, xustos e limpos), o km0, as preparacións con baixo consumo de enerxía, hortos urbanos e o deseño dun xardín con plantas aromáticas de uso alimentario. Ademais, haberá un taller destinado a ferramentas TIC que permitan crear contidos e levar a cabo acciones divulgativas sobre o proxecto.

O proxecto compleméntase cunha campaña de participación cidadá para que a cidadanía comparta os seus saberes e as súas creacións relacionadas coaecogastronomia. Os resultados daranse a coñecer a través dun libro virtual e dun conxunto de vídeo receitas que se divulgarán a través da web municipal, dos medios de comunicación, de presentacións a grupos diversos e a través das redes sociais. Conmemoraranse dúas datas:

16 de outubro: Día Internacional da Alimentación
9 de decembro: Día de Terra Nai (SlowFood)



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X