O primeiro testemuño cristián achado en Vimianzo (e até dos primeiros en Galicia) é a tumba de Victorino, unha lápida romana datada a finais do século IV. Desde aquel momento a cristianización extendeuse por todo o territorio chegando no esplendor románico a se crearen case todas as igrexas parroquiais que hoxe conservamos. É imprescindible visitar o tímpano da Translatio de Cereixo, descubrir os divertidos canzorros do que fora mosteiro de Baíñas, ou os chapiteis historiados da igrexa de Santa Baia de Tines.
Sen dúbida, outro dos grandes momentos para a arte relixiosa de Vimianzo é o barroco coa construción de grandes torres sineiras, como a de Cambeda, ou os diferentes retablos que perviven nas igrexas parroquiais. Hai outros lugares de culto de interese no territorio como ermidas e capelas.
Descobre aquí as diferentes igrexas de Vimianzo.