FOODWAVE FOODWAVE FOODWAVE FOODWAVE

Actividades

16-12-2022

ACTIVIDADES

  • Talleres de cociña (5): preparación de alimentos km0;receitas para aproveitar sobras de comida;ecogastronomía.
  • Talleres de horto urbano (2): como preparar un horto no balcón, deseño dun xardín de plantas aromáticas de uso alimentario.
  • Talleres de TICS (3) para elaborar contidos a partir dos talleres e ferramentas web para compartilos.
  • Campaña de invitación á participación para compartir saberes tradicionais relacionados coa produción, a preparación e a conservación de alimentos.
  • Conmemoración do Día Mundial da Alimentación (16 de outubro): convidarase os mozos que participan nos talleres a que compartan o resultado do seu traballo nunha presentación pública que se divulgará nas redes sociais.
  • Conmemoración do Día de Terra Nai: convidarase á cidadanía, en especial aos mozos, a que celebren ese día e compartan a actividade nas redes sociais.
Utilizaranse locais municipais e pedirase aos centros educativos, aos departamentos do concello e ao tecido asociativo a súa colaboración na divulgación e captación de participantes.



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X