Lexións de nenas e nenos, rapazas e rapaces percorreron as Barreiras e coñeceron o traballo arqueolóxico de primeira man durante estas semanas. Había moitas preguntas, algunhas parecían feitas por verdadeiros expertos na materia.
Moito interese, respecto e ilusión por ver as "casiñas". Hai incluso quen descubriu unha peseta na terra do castro, un verdadeiro tesouro!
Practicamente toda a Terra de Soneira xa pasou polo gran castro do Val de Vimianzo: o CEIP San Vicenzo ao completo, o instituto da vila, o CEIP de Baíñas, o Labarta Pose de Baio e o IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. O martes 24 será o día da escoliñas unitarias de Vimianzo.
Todo un traballo de divulgación entre os máis novos para concienciar do valor do patrimonio e aprender dunha maneira única.