Durante a campaña de escavación abril – 2018, o proxecto inclúe un plan de divulgación e difusión ideado para converter este xacemento nun lugar de aprendizaxe sobre a cultura castrexa pero tamén nun espazo para o encontro social, onde convidaremos a toda a veciñanza, a coñecer de primeira man os traballos de investigación e a participar das visitas ao Castro, guiadas polo propio director da escavación Tito Concheiro e o seu equipo científico.
A importancia que outorga este proxecto á divulgación reflíctese nunha intensa axenda de visitas para grupos escolares, asociacións culturais ou veciñais. Ademais cada xoves de abril o programa Abrir as Barreiras ofreceu a oportunidade de saber máis deste vella aldea castrexa a todos e a todas as interesadas.
As Barreiras non fecharán nunca, queda aberta a súa visita para goce de todos e todas as que sentides admiración, emoción e respecto por este lugar tan especial e que de seguro, moito aínda, nos seguirá a contar...
Durante os meses de xullo e agosto do 2020 haberá visitas guiadas ao castro.
Serán de martes a venres ás 12:00 horas.
Máis información para inscribirse na lapela de Que facer.