Castro das Barreiras Castro das Barreiras Castro das Barreiras

Día a día

18-04-2018

Celebramos o Día dos Monumentos e Sitios

Un túnel lexendario levou ao alumnado do CEIP de Baíñas (Vimianzo) desde o castro das Barreiras ao castelo de Vimianzo e ao pazo de Trasariz. Tres emblemas da capital municipal que foron protagonistas no Día Internacional dos Monumentos e Sitios. A alegría e ilusión dos cativos encheu a vila vimiancesa tentando descubrir as mouras, os tesouros do castro e investigar por que a xente vivía fechada entre murallas, as do castelo e as das Barreiras. 
No castro tiveron ocasión de coñecer as escavacións da man do arqueólogo Ángel Concheiro que logo os introduciu nun mundo moi diferente ao dos nosos días, pero ao que lle debemos parte "do noso ADN". 
O CEIP de Baíñas non foi o único que visitou As Barreiras neste mércores 18, a asociación cultural de Berdoias tamén coñeceu o xacemento á tarde, xusto no día no que apareceu un resto metálico, do que daremos máis claves proximamente. 
Toda a semana está cargada de visitas de centros escolares da comarca (todo o colexio de Vimianzo está a visitar o xacemento) e asociacións culturais. 
Será o xoves 19 cando se realice a próxima visita aberta, para que é necesario inscribirse previamente en turismo@vimianzo.gal

COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X