Castro das Barreiras Castro das Barreiras Castro das Barreiras

Día a día

18-09-2019

Segunda fase de escavacións

Esta semana tivo lugar o comezo da segunda fase de escavacións no complexo do Castro das Barreiras co profesor e arqueólogo, Tito Concheiro, á fronte do proxecto.

Coa recente reserva económica duns 15.000 euros aprobada por medio da modificación de crédito no último pleno, este goberno quere dar mostras da firme aposta que está facendo por este proxecto arqueolóxico para converter o Castro das Barreiras “nun equipamento cultural” do Concello de Vimianzo. Según as indicacións do propio arqueólogo, a previsión é a de deixar a metade do castro ao descuberto e a outra metade tal e como está, para poder así admirar como o paso do tempo vai afectando ás construcións.

Dende este goberno queremos poñer de manifesto o interese por lograr o maior aproveitamento cultural, educativo e turístico baseado no enorme potencial arqueolóxico que o Castro das Barreiras representa para Vimianzo no marco dun conxunto patrimonial que o mesmo Concheiro se atreveu a definir como “único” ao poder concentrar nun perímetro relativamente preto do casco urbano un conxunto castrexo e un castelo medieval.

COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X