Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Por primeira vez, o Concello de Vimianzo foi recoñecido con dúas Flores de Honra polo xurado de Vilas en Flor Galicia!
Este galardón destaca o traballo e compromiso do noso municipio co coidado e mellora dos espazos verdes urbanos. Un recoñecemento que chega grazas ás diferentes medidas realizadas nos últimos anos, apostando sempre pola calidade ambiental e o benestar da cidadanía.