8 de novembro de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Batáns e Muíños do Mosquetín

Estamos ante un interesante conxunto de gran valor natural e etnográfico. Trátase dos muíños e batáns construídos no río do Porto (ou río Grande) no lugar do Mosquetín, e que aproveitan a forza da auga para moer o trigo e o millo e para bater as mantas de lá. Non coñecemos a súa data de construción, no entanto sabemos que a mediados do século XVIII xa estaban en pé, xa que aparecen mencionados no Catastro de Ensenada (1753).

Os batáns apareceron en Europa durante a Idade Media. Son construcións nas que por medio duns mecanismos denominados "folóns", baseados no aproveitamento da enerxía hidráulica, bátese no tecido até conseguir unha peza compacta que ofrece unha maior resistencia frente ao frío e chuvia.

O conxunto do Mosquetín componse de dous edificios. No que está máis perto do río temos só muíños e no outro hai muíños e batáns. Están construidos a unha altitude superior á do río que pasa a un lado, así que para o seu funcionamento foi preciso a construción dunha présa desde a que se canalizou a auga, que debía mover os rodicios e facer traballar as "manlles".

Tralo abandono do conxunto a finais dos sesenta e a súa ruína, asociacións veciñais e culturais de toda a comarca loitaron pola recuperación do conxunto. Foi finalmente a Deputación da Coruña quen, en 1997 emprendeu unha restauración dos edificios e da contorna que hoxe se pode considerar modélica. Actualmente os muíños e batáns son visitables e ademais é posible ver o seu funcionamento.

Visitas libres - Visitas Guiadas - Demostración do funcionamiento

Unha industria rural conservada á beira das augas do río do Porto. Á beleza da paisaxe na que se enmarca o conxunto, súmase a impresionate mostra da arquitectura tradicional.

O Conxunto Etnográfico dos Batáns e Muíños do Mosquetín pódese visitar por libre en tempada alta de 10:00h a 20:00h tódolos días e en tempada baixa 11:00h a 18:00h.

A posta en funcionamiento dos batáns dependerá da dispoñibilidade do persoal e do caudal de agua na canle do río.
  
ENTRADA GRATUÍTA

Información: 981 716 001 (ext 1223) / turismo@vimianzo.gal

VISITAS GUIADAS DECEMBRO 2022: do martes 6 ao venres 9 ás 12.00h. e o sábado 10 e domingo 11 ás 12.30h. e ás 16.00h. Para inscribirse, é necesario cubrir este formulario. Máximo 25 persoas por visita.

Horario

Tempada Alta (de xuño a setembro): aberto tódolos días de 10:00h a 20:00h 

Tempada Baixa (resto do ano): aberto tódolos días de 11:00h a 18:00h.

Contacto

  • Turismo de Vimianzo (Casa Consistorial)
    Praza do Concello, 6
    turismo@vimianzo.gal
    Tel. 981 716 001 (extensión 1223)

DESCARGAS

Poderá descargar folletos para ampliar información desde o apartado de DESCARGAS.

Como chegar

O Concello de Vimianzo conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento das actividades deste espazo.

www.osbatans.gal

Consulta toda a información sobre o conxunto etnográfico na web osbatans.gal

Descargas