21 de novembro de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Receitas

A localidade de Vimianzo é unha referencia no mapa gastronómico da Costa da Morte pola abundancia de establecementos, polo seu bo facer e pola variedade que se pode atopar nas súas cartas. Desde as verduras até as carnes, pasando por peixes e mariscos, saboréanse receitas tradicionais ou incorporando as últimas tendencias dos fogóns.

A grella ocupa un lugar privilexiado nesta oferta. O menú do día non foi esquecido polos nosos restauradores, pendentes dos traballadores que saben do amplo abano de pratos que poden inxerir por un módico prezo.

Empanadas de bacallau, caldeiradas de peixes, guisos, estufados ao forno, caldo, bolos do pote, callos, papas de arroz ou de fariña, follados, son preparacións que deleitaron os padais dos nosos antepasados. A isto hai que engadir todo o derivado do porco e da súa matanza: chourizos, morcillas, raxo, caldo de riola, roxóns, follados de sangue, calleiro ou carne salgada para utilizar no cocido. En determinadas épocas do ano, a cociña especialízase. É o que sucede en Entroido, época na que a tradición manda degustar os cocidos con grelos, e un amplo repertorio de doces que enchen os estómagos antes da coresma: filloas, orellas, chulas, rosquillas, lazos, ósos de santo, etc.

Outro aspecto relacionado co bo comer é o lúdico e a festa máis representativa diso é a Faguía de Carnés, declara de interese turístico galego. Celébrase o 9 de xullo, e nela degústanse os callos que preparan os veciños.


>> Compartimos contigo a nosa gastronomía. Receitas dos hostaleiros Vimianceses:

A que sabe o Galego en Vimianzo?

Libro de Receitas Tradicionais e Dicionario de Sabores

máis información
Arqueogastronomía

Receitas e telereceitas da gastronomía das épocas castrexa e medieval.

máis información
Restaurante Castillo

  • Torta de filloas
  • Polo de Curral con Crema de Piñóns
  • Caldo de Melón
  • Empanada de Vieiras
  • Ollomol á cazola

máis información
Restaurante Santos

  • Polbo con Gambas
  • Lentellas guisadas
  • Bacallau á cazola
  • Churrasco de Vitela

máis información
Vivenda Vacacional Os Batáns (antiga pensión)

  • Espagueti con Lagostinos
  • Polo do Curral
  • Torta de Queixo Fría

máis información
Doces de Vimianzo

  • Bica de Vimianzo
  • Pedras do Castelo

máis información