25 de novembro de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Mámoas

>> Compartimos unha viaxe polo túnel dos tempos

No sendeiro que conduce ao nacemento de todos os tempos, puidemos chegar en Vimianzo ata o período máis recente da Prehistoria, o Neolítico. Os megálitos son as testemuñas desa época, e sepárannos dos seus construtores entre catro e seis milenios. Nesta viaxe tamén poderás coñecer uns seres máxicos: as mouras.

Adóitase definir o Neolítico como a etapa na que a economía baseada na caza e na recolección (paleolítico e mesolítico) dá paso a un sistema económico no que predomina a agricultura e a gandería. As condicións climatolóxicas permiten o desenvolvemento dos cultivos e tamén da artesanía. É un período que se prolonga aproximadamente dende o V ata o III milenio a.C.

A acidez dos nosos solos impediu a conservación dos restos orgánicos, porén os xacementos megalíticos son especialmente abundantes no territorio vimiancés, destacando ademais do número o seu estado de conservación. Organizamos algúns deles nunha ruta.

Fai a Ruta dos Dolmens pola túa conta

Percorre de forma independente toda a ruta axudado pola web vimianzo.mobi

máis información
Un gran número de antas e mámoas

Neste espazo atoparás unha descrición das cámaras megalíticas máis relevantes do concello de Vimianzo e de como chegar a elas.

máis información
Os seres míticos: As Mouras

A sociedade galega tradicional, con frecuencia relacionou os megálitos coas Mouras, uns seres míticos, case sempre de extraordinaria beleza, que habitan nestes monumentos ou no seu contorno.

máis información
Ruta dos dolmens - Visitas guiadas

Unha aventura capaz de remontar milenios de historia. Este itinerario, ideado para percorrer en coche, conecta nove manifestacións megalíticas polo concello de Vimianzo.


máis información