>> Compartimos unha viaxe polo túnel dos tempos
No sendeiro que conduce ao nacemento de todos os tempos, puidemos chegar en Vimianzo ata o período máis recente da Prehistoria, o Neolítico. Os megálitos son as testemuñas desa época, e sepárannos dos seus construtores entre catro e seis milenios. Nesta viaxe tamén poderás coñecer uns seres máxicos: as mouras.
Adóitase definir o Neolítico como a etapa na que a economía baseada na caza e na recolección (paleolítico e mesolítico) dá paso a un sistema económico no que predomina a agricultura e a gandería. As condicións climatolóxicas permiten o desenvolvemento dos cultivos e tamén da artesanía. É un período que se prolonga aproximadamente dende o V ata o III milenio a.C.
A acidez dos nosos solos impediu a conservación dos restos orgánicos, porén os xacementos megalíticos son especialmente abundantes no territorio vimiancés, destacando ademais do número o seu estado de conservación. Organizamos algúns deles nunha ruta.
Percorre de forma independente toda a ruta axudado pola web vimianzo.mobi
máis información
Unha aventura capaz de remontar milenios de historia. Este itinerario, ideado para percorrer en coche, conecta nove manifestacións megalíticas polo concello de Vimianzo.