>> Compartimos contigo un castelo medieval e a mostra de artesanía
O Castelo de Vimianzo foi testemuña dende a súa construción (a finais do século XII), de cruentos enfrontamentos entre a mitra compostelá, a nobreza, a fidalguía e o campesiñado, e escribiu máis dunha páxina na historia de Galicia.
Neste espazo, ademais de falar da mostra de artesanía en vivo, facemos un pequeno percorrido polo seu pasado.
A vella fortaleza é na actualidade un espazo vivo e dinámico aberto a toda a cidadanía como centro para o desfrute cultural.
O Concello de Vimianzo conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento das actividades deste espazo.
máis información