21 de decembro de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Semana Santa 2024

Chegan as vacacións de Semana Santa e dende o Concello de Vimianzo queremos que veñades a desconectar entre a nosa natureza e o noso patrimonio. Para iso propoñemos unha chea de plans para pasar estes días:

  • Castelo de Vimianzo, do 23 ao 28 de marzo ás 10:30 e ás 18:30 horas; o día 29 ás 18:30 horas e o 30 e o 31 ás 10:30, ás 16:00, ás 18:30 e ás 19:30 horas.
  • Aos Batáns e Muíños do Mosquetín, do 23 ao 28 de marzo ás 12:00 e 13:00 horas.
  • Ao Castro das Barreiras, do 23 ao 28 de marzo ás 16:00 horas.
  • Ao porto de Cereixo, do 23 ao 29 de marzo ás 19:30 horas.
  • A maiores, o venres, 29 de marzo, ás 11:00 horas, haberá unha visita guiada polo arqueólogo Tito Concheiro ao Castro das Barreiras. Baixo o título ‘Vimianzo no tempo, do Castro ao Castelo’, o historiador dará a coñecer algunhas das grandes curiosidades respectivas a estes elementos.


As actividades son completamente gratuítas e haberá 25 prazas en cada unha das visitas guiadas. As inscricións deberán formalizarse escaneando o código QR do cartel oficial do programa, sendo necesario completar este formulario.

Descargas