Chegan as vacacións de Semana Santa e dende o Concello de Vimianzo queremos que veñades a desconectar entre a nosa natureza e o noso patrimonio. Para iso propoñemos unha chea de plans para pasar estes días:
Prazas limitadas e suxeitas ao cumprimento da normativa sanitaria. Inscrición obrigatoria en turismo@vimianzo.gal
Dende o pasado verán contamos cunha serie de rutas que podedes aproveitar para pasear entre a natureza. No noso cartaz informativo non entraban todas, pero podedes escoller a través da nosa páxina de wikiloc.
Cales recomendamos? Temos varias que non podedes perder: