O Castro das Barreiras é un xacemento arqueolóxico datado na segunda Idade do Ferro. Situado á beira da estrada que da acceso á vila e a escasos 2km do corazón de Vimianzo é un interesante recurso turístico e cultural.
Na actualidade está en proceso de escavación, con diferentes campañas, acompañadas dun plan de divulgación entre outras actividades.