A Rapa das Bestas en Vimianzo conta con máis de dúas décadas de tradición e é mostra do pouso de centos de anos de coidado do gando no monte.
Os cabalos salvaxes son baixados do Monte Faro o sábado 20 de xullo a partir das 8:30 da mañá, para logo baixaren ao Val ás 13h.
O domingo 21 terá lugar sobre as 17h a Rapa das Bestas no curro do Campo da Areosa. Será o momento no que aloitadores e aloitadoras, novos e maiores, vaian saltando ao curro para conseguir cortar o pelo dos cabalos salvaxes.
Programa completo Rapa das Bestas 2019:
Sábado 20 de xullo
08:30h Baixada das bestas bravas do monte Faro
Tarde: Ruta a cabalo polo Val
20h Degustación de produtos, xogos infantís e música co Dúo Calú
Domingo 21 de xullo
11h Concurso pura raza galega
12h Paso das Bestas ao curro,
13h Sesión vermut
14h Xantar
17h Tradicional Rapa das Bestas
Organiza Asociación cabalar e cultural Monte Faro, coa colaboración do Concello de Vimianzo.