Propoñémosche unha viaxe capaz de remontar milenios de historia. Un itinerario cultural para afeccionados á exploración, para aqueles fascinados polo misterio da vida e o transcorrer do tempo, ante a maior concentración de monumentos megalíticos de toda Galicia.
A Ruta dos Dolmens de Vimianzo é un itinerario circular para o seu percorrido en coche ou bicicleta que conecta nove exemplos de contrastadas características, de modo que en cada parada poderás sorprenderte, observar ou reflexionar cos teus acompañantes, sobre unha sociedade prehistórica que deixou neste territorio a pegada da súa cultura.
Información básica
Tipo de ruta: Circular. En coche.
Duración: A realización da ruta completa estímase en 3´5 horas aproximadamente.
Dirección: A pesar de ser circular, recoméndase seguir o sentido das agullas do reloxo dende o punto de partida indicado, a sinaléctica acompañará o percorrido nesta dirección.
Punto de partida: Vimianzo. Poderás iniciar a túa aventura tomando o desvío que indica a ruta dende a AC-552 (estrada que comunica A Coruña – Cee). Dende a vila de Vimianzo conducirás en sentido á Coruña, tomarás o primeiro desvío á dereita pasado o Castelo medieval que sinala “Ruta dos Dolmens”, continuarás en dirección Tines, e así en cuestión duns 15 min chegarás á túa primeira parada: Pedra Cuberta.
Outra opción para iniciar o itinerario, sería tomar a correspondente saída que indica “Ruta dos Dolmens” na rotonda da autovía AG-55 en Santa Irena (situación entre Baio e Vimianzo). A túa primeira parada tamén será a afamada Pedra Cuberta.
Dolmens sinalizados no percorrido: 1- Pedra Cuberta, 2- Pedra Moura, 3 – Pedra Lebre, 4 – Arca da Piosa, 5- Pedra da Arca, 6- Arca de Rabós, 7- Casota de Freáns, 8- Arquiña de Vilaseco, 9- Mina de Recesindes.
Mapa Ruta dos Dolmens DESCARGA
Aquí podes descargar o folleto co Mapa da Ruta dos Dolmens
Visita cada dolmen coa súa información nunha cómoda audioguía online.
Seleccionar dolmen
En galego, castelán, inglés ou francés