A fortaleza soneirá serve para contar gran parte da historia de Galicia. Desde a súa construción na Idade Media até o comezo da Mostra de Artesanía ao Vivo sucédense décadas de historia épica que se poderán escoitar nas visitas guiadas e teatralizadas.
Horario visitas guiadas:
Xoves 13: 11h / 13h /17h
Venres 14: 11h / 13h
Sábado 15: 11h
Domingo 16: 11h / 17h
Horario visitas teatralizadas con Os Quinquilláns:
Venres 14: 17h
Sábado 15: 17h
Domingo 16: 13h
Unha industria rural conservada á beira das augas do río Grande do Porto. Á beleza da paisaxe na que se insire súmase a impresionante mostra de arquitectura tradicional na que se poden ver traballar os muíños e batáns.
Para velos en funcionamento débese acudir nos horarios das visitas guiadas.
Xoves 13 e venres 14:12h / 16h /18h
Sábado 15: 16h / 18h
Domingo 16: 12h / 16h /18h
Seis mil anos de historia permanecen ocultos baixo mámoas e antas. O concello de Vimianzo é un dos máis ricos de Galicia en megalitismo. O sábado 15 farase un percorrido polos dolmens máis destacados: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Arca e Casota de Freáns. A visita é ás 11h30. Sáese do castelo para realizar o percorrido en bus e a pé. Son treitos curtos, pero recoméndase levar calzado apropiado. As prazas son limitadas polo que se require reserva previa (límite venres 14). Para inscribirse:
- No castelo de Vimianzo (tlf 981 716 354)
- No correo electrónico visitavimianzo@gmail.com