A sociedade galega tradicional, con frecuencia relacionou os megálitos coas Mouras, uns seres míticos, case sempre de extraordinaria beleza, que habitan nestes monumentos ou no seu contorno. Ás veces tamén aparecen coma as construtoras dos megálitos, transportando grandes pedras sobre a súa cabeza, ou gardando os tesouros que se agochan no interior do monumento.
Con frecuencia as xentes do lugar atópanse coas mouras mentres están fiando co fuso e a roca. Nestas ocasións non é estraño que os sometan a diferentes probas ou que empreguen os seus poderes máxicos contra a persoa que perturbou a súa actividade.
Na Casota de Freáns, por exemplo, cóntase que as súas pedras foron chantadas alí por unha señora que as levaba na cabeza. Mentres tanto, aínda fiaba nunha roca e dáballe o peito á crianza.
Información sobre a
Ruta dos dolmens.