As paredes da fortaleza constitúen o escenario dunha Mostra de Artesanía ao Vivo, na que se poden ver antigos oficios que traen aos nosos días produtos singulares.
Encaixes, teas de liño, traballos en coiro e prata, pezas de barro, cestos e maquetas configuran a oferta artesanal desta exposición que está aberta todo o verán e nas fins de semana do resto do ano.