Concello de Vimianzo
4 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

18-03-2024

Probas para obtención de certificados de CELGA 1, 2, 3 e 4

Publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Código do procedemento: PL500C

Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Prazo de inscrición: do 14 de marzo ao 05 de abril de 2024 (inclusive) 

Contía das taxas de exame: 16,92 €.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ao exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas. 

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tresopcións:  

  • Preparalo pola vosa conta
  • Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga
  • A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.

Máis información:

 

CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 

margarita.seijas@camarinas.net

LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X