Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Convocado cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
Hai dúas modalidades:
- Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
- Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Prazo: 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, do 19 de febreiro ao 08 de marzo 2024.
Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo I da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.
Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario quedará automaticamente excluída do proceso de selección.
A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos preparatorios das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (C.elga).
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: https://formacion-lingua.xunta.gal/
Máis información:
• Resolución do DOG
• http://www.lingua.gal
• ORIENTADORA LABORAL
• CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
• margarita.seijas@camarinas.net
• LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00