Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.
Código do procedemento: ED534A
Requisitos das persoas aspirantes:
• Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2024
• Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.
• Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24
Os/as aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 28 de febreiro de 2024 (ambos os dous incluídos).
Máis información:
• Resolución do DOGA
• ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00