Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-12-2011 Papá Noel contactou cos nenos e nenas de Vimianzo desde Laponia

Papá Noel dirixiuse a dous grupos de alumnos e alumnas do CEIP San Vicenzo por videoconferencia desde a súa casa de Laponia. Os nenos e nenas achegáronse coas súas mestras ao telecentro para facerlle as súas peticións a Papá Noel

máis información
12-12-2011 O auditorio da Casa da Cultura acollerá o mércores o II Foro da Costa da Morte

O II Foro da Costa da Morte: un mar de oportunidades, organizado polo Grupo Correo Gallego, desenvolverase ao longo da mañá do mércores no auditorio da Casa da Cultura. Tres mesas redondas para debater sobre o presente e o futuro da Costa da Morte.

máis información
24-11-2011 Anuncio de licitación da xestión do ximnasio

Procedemento de licitación do Servizo de Xestión do Ximnasio Municipal.Efectuaranse invitacións para participar nesta licitación ás empresas con capacidade e solvencia técnica suficiente para a realización do obxecto do contrato.

máis información
22-11-2011 O alcalde e os comerciantes reúnense para promocionar o pequeno comercio

Máis de 30 comerciantes, acompañados polo presidente de ASEMVI, reuníronse onte no salón de plenos co alcalde e a técnica de desenvolvemento local do concello para unificar propostas co fin de promocionar o pequeno comercio.

máis información
21-11-2011 Remata o programa de visitas guiadas á Exposición de Antón Mouzo para escolares

A programación de visitas guiadas para escolares á exposición Antón Mouzo, promovida polo concello para dar a coñecer a obra do pintor vimiancés, achegou a máis de 400 rapaces e rapazas á Sala de Exposicións que leva o nome do pintor.

máis información
19-11-2011 Intérpretes de Vimianzo encheron de música a Casa da Cultura

O público que se achegou ao auditorio da Casa da Cultura este sábado puido gozar dunha tarde musical cos nosos artistas locais, unha boa canteira para a nosa escola de música.

máis información
14-11-2011 Continúan as visitas escolares á Exposición Antón Mouzo

Na xornada de hoxe continuouse desenvolvendo o programa de visitas guiadas á Exposición de Antón Mouzo. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas do CPI Cabo da Area de Laxe os que quixeron achegarse a coñecer a obra do pintor vimiancés;

máis información

Novas de

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X