Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O cómic Unha historia de Vimianzo, do ilustrador Rubén Rial, contextos de Manuel Rial, editado recentemente polo Concello de Vimianzo será presentado en “Viñetas dende o Atlántico”.
A obra está composta porilustracións que recollenmomentos da historia do Concello de Vimianzo. Cada viñeta está dedicada a unha parroquia do municipio.
Para o alcalde, Manuel Antelo, a presenza desta obra no certame Viñetas dende o Atlántico, certifica a súa calidade e a aposta do Concello de Vimianzo por este tipo de promoción dahistoria e da cultura.
Ántelo considera importante que Vimianzo estea presente a través da súa historia nun dos certames de cómic máis importantes a nivel internacional.
Poden acceder á programación de "Viñetas dende o Atlántico" a través desta ligazón: http://www.vinetasdesdeoatlantico.com/gl/rua-da-bd/