Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo homenaxeou a todas as represaliadas e represaliados do franquismo cun acto no Castelo de Vimianzo.
O 22 de xullo de 1936 a corporación local de Vimianzo tomou posesión do Castelo para utilizalo como Casa do Concello e escola e contruír nas súas inmediacións un mercado municipal, un lavadoiro e un matadoiro.
A corporación municipal de Vimianzo foi perseguida e xulgada a raíz deste feito e o secretario municipal, Andrés García Ferreiro, condenado a morte e fusilado no ano 1937. No ano 2010 o Ministerio de Xustiza, emitiu unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal, ao abeiro da Lei da memoria histórica.
No acto quíxoselles render homenaxe a todas estas persoas que loitaron pola democracia e a igualdade.
A actríz Tero Rodrígueza foi a encargada de conducir o acto, amenizado pola música de Barahunda.