Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Máis de 300 veciñas e veciños de Vimianzo xuntáronse onte na Casa da Cultura para asistir á xuntanza sobre a tala e limpeza de fincas para a prevención de incendios que organizou o Concello de Vimianzo.
O alcalde, Manuel Antelo, acompañado do axente forestal Xoán Camafreita, aclaráronlle ás persoas asistentes as obrigas das propietarias e propietarios de fincas.
O axente forestal explicou detalladamente a lexislación autonómica que obriga a limpar as fincas antes do 30 de maio de cada ano.
O alcalde, pola súa banda, insisitiu nos beneficios a longo e medio prazo das limpezas, sobre todo nas proximidades dos núcleos co obxectivo de evitar que o lume afecte a vivendas.
Ao final das intervencións abriuse unha quenda de preguntas no que o axente forestal atendeu ás dúbidas concretas dos propietarios e propietarias.
Para Antelo esta charla tiña como obxectivos aclarar as dúbidas e concienciar ás persoas propietarias de que é moito máis doado limpar as propiedades que arriscarse a unha sanción económica. De calquera xeito o alcalde tamén é consciente das dificultades que teñen os propietarios e propietarias á hora de acometer as limpezas, froito da idade avanzada e da saturación das empresas que se dedican á tala e á limpeza de montes.