Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Recentemente presentouse na Casa da Cultura municipal, Unha historia de Vimianzo, obra gráfica que narra a través de ilustracións a historia das terras de Vimianzo. Un percorrido que parte do neolítico ata a actualidade , trazando unha liña de sucesión temporal para contarnos a vida dos homes e mulleres que habitaron o territorio, a partires dos achados arqueolóxicos e o numeroso patrimonio histórico espallado por todo o Concello de Vimianzo.
O proxecto encargado por parte do Concello e editado coa colaboración da Deputación da Coruña, pretende achegar a interesante historia destas terras a toda a veciñanza, dende os máis pequenos aos maiores cun formato atractivo, ameno e moi coidado.
As ilustracións, preparadas polo autor vimiancés Rubén Rial, destacan pola profusión de detalles que denotan un importante traballo de documentación, alegre colorido e un suxestivo estilo propio da banda deseñada. Un grafismo cun alto potencial didáctico, como xa está a amosar a actividade do Castelo, Unha visita ilustrada, destinada á cativada con ilustracións do mesmo autor. No libro, tamén participou o divulgador cultural Manuel Rial, como asesor e autor dos textos.
Durante a presentación do luns, o alcalde Manuel Antelo acompañou ao autor Rubén Rial, para relatar a noción e a intencionalidade do proxecto, así como o proceso de creación do traballo.