30-04-2018
Máis de 900 persoas participaron na 17ª edición do Xantar dos maiores
O sábado día 28 celebrouseno Pavillón Polideportivo de Vimianzo a 17ª edición do Xantar dos Maiores.
Estaban convidadas a participar todas aquelas persoas maiores de 60 anos das que confirmaron a súa asistenciamáis de 900 persoas.
O menú consistiu en empanada, carne asada, pescada, flan con tona, rosca e café. Os produtos foron adquiridos e elaborados por máis de 40 establecementos comercias e hostaleiros do municipio de Vimianzo.
O servizo das mesas, coma nas edicións anteriores, correu a cargo de 60 persoas voluntarias.
Actuaron a regueifeira Lupe Blanco e o regueifeiro Antonio de Xornes. Da parte musical encargousea AC Trubisquiña, as cantareiras da Escola de música municipal de Baíñas, Berdoias e Treos, os gaiteiros do Revoltixo de Carantoña, os cantantes de Vimianzo Suso de Andrea, Jaime Lema e Irma Macías, a que acompañará á guitarra Xaquín, a Charanga Escándalo e Esther de Época.
Sorteáronse distintos agasallos entre as persoas asistentes.
Dende o Concello queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboraron como voluntarias. Sen elas sería imposíbel a realización desta festa.