Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

18-04-2018

BENESTAR EN BALNEARIOS 2018 (Xunta de Galicia)

Benestar en Balnearios (Xunta de Galicia)

Normativa:

Orde do 10 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 74 do 17/4/2018)

Obxecto:

Convocar un total de 679 prazas  para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV.

En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Acompañantes

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) 
  2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Duración e servizos ofertados

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018.

Servizos:

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
    • Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
    • Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
    • Seguimento médico do tratamento.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.

O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso.

As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houber dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda.

A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo.

Prezo

O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV.

Documentación

Solicitude 2018 anexo I e os anexos II e III Presentación electrónica na sede

  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
  2. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
  4. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

Para a tramitación consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas sinalados no art.8.

Prazo presentación de solicitudes

  • para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio
  • para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio
Previsiblemente na primeira quincena de xuño sairá unha nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días ( 5 noites) con quendas no último trimestre do ano. A difusión deste programa será  a través da páxina web, MATIASS e difusión por correo electrónico.

Lugar de presentación

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas usuarias poden obter información sobre este programa no Teléfono social: 900 333 666

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X