Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os alcaldes dos concellos de de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, acompañados dos técnicos deportivos dos ditos concellos reuníronse en Vimianzo para valorar a evolución e repercusión que o circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte está acadando dende a súa creación no ano 2014 ata actualidade.
A valoración de alcaldes e técnicos foi moi positiva xa que, tanto a evolución no número de persoas inscritas como de participantes se incrementa de maneira progresiva ano a ano. Tamén se destacou tanto a implicación económica como a capacidade organizativa e asociativa dos concellos para desenvolver este proxecto dunha maneira exitosa.
Finalmente acordouse repetir este tipo de xuntanzas antes do inicio de cada nova edición co obxectivo de ir mellorando ano tras ano co obxectivo de incrementar a calidade para que este evento deportivo se convirta nun referente a nivel comarcal e provincial.