Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-01-2018

O Concello de Vimianzo modificará o ICIO para fomentar a contratación local

O Concello de Vimianzo modificará o Imposto sobre construcións, istalacións e obras (ICIO) co obxectivo de fomentar a contratación de empresas e traballadores de Vimianzo.

Xa hai uns anos o goberno municipal promoveu a modificación de bonificacións de ata o 95% do importe do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras (ICIO) para aquelas empresas que se instalaran no Parque Empresarial ou aquelas obras relacionadas coas actividades económicas gandeiras. Desta volta preténdese unha nova modificación para incentivar a contratación de empresas de Vimianzo que realicen as obras bonificadas. Así, proponse que para poder beneficiarse da bonificación do ICIO no parque empresarial, e no ámbito da gandeiría faise necesario contratar cando menos o 50% da obra a algunha empresa do concello. Neste caso, as empresas promotoras poden acadar un beneficio de ata o 95% do ICIO, sempre e cando se contraten traballadores empadroados no concello de Vimianzo. No caso de empresas locais, están exceptuadas deste último requisito cando acrediten que a metade da plantilla é de Vimianzo.

Tratase de establecer políticas de incentivos fiscais que redunden un pouco mais en mellorar a economía local. “Apoiamos que se instalen as empresas no parque empresarial, pero imos pedirlle que contraten empresas e persoas de Vimianzo”. “Se o concello bonifica aos promotores, estes teñen que comprometerse con Vimianzo”.

O alcalde de Vimianzo recoñece que esta iniciativa xa está presente en algún concello da proximidade, con bos resultados, e considera que agora é o momento de que tamén as adopte o noso concello.

Por outro lado, na mesma modificación preténdese impulsar a rehabilitación de vivendas tradicionais para dedicalas a uso residencial, establecendo para as mesmas unha bonificación do 50% do ICIO. Pediráselles a estes promotores o compromiso de contratar o 50% da obra a unha empresa que teña o seu domicilio fiscal no Concello de Vimianzo.

Con estas medidas preténdese, por unha banda fomentar a instalación de empresas, e por outra que a redución do imposto redunde no municipio a través da contratación e do incremento da carga de traballo das empresas da localidade.

Para o alcalde, Manuel Antelo, a promoción económica é un dos piares fundamentais do seu goberno. O Parque Empresarial da localidade estase a converter no centro empresarial da comarca, froito dos incentivos do Concello de Vimianzo para favorecer a instalación de empresas.

Para o alcalde esta modificación do ICIO é de vital importancia pois prevé que lever parello un incremento importante da carga de traballo para as empresas construtoras e de servizos do municipio.

Por outra banda para Antelo tamén reviste unha enorme importancia a bonificación para a rehabilitación de vivendas, pois contribuirá a fixar poboación e a manter con vida os núcleos rurais e urbanos do Concello.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X