Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo programou máis de 30 actividades para o Nadal.
Darán comezo o vindeiro venres, día 15, coa actuación no Auditorio da Casa da Cultura, do Mago Pedro Bugarín. Esta actuación está destinada ao alumnado do Ceip San Vicenzo.
O domingo desenvolverase, tamén no Auditorio, a tradicional Gala Solidaria organizada polo Concello e polo tecido asociativo municipal.
O 18 de decembro os máis cativos do Ceip San Vicenzo terán a, xa tradicional, videoconferncia con Papá Noel no Telecentro.
Tamén o 18 comezarán as Tardes de Nadal nas parroquias, nas que se desenvolverán actividades en cada parroquia.
O 23 visitaranos O Apalpador acompañado do grupo infantil Mamá Cabra.
A semana do 26 de decembro comezará o programa Concilia Nadal na Casa da Cultura, destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos.
O 27 de decembro está organizada unha excursión á Coruña na que as cativas e cativos vistarán a pista de xeo.
O 30 de decembro está programada a representación teatral "O lobo e a lúa" de Baobab teatro.
O 31 de decembro pola tarde terá lugar a Festa Infatil de Fin de ano con hinchables e animacións.
O día 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán todas as parroquias do Concello.Pecharán o seu percorrido ás 20:00 h na Casa da Cultura.
O mesmo día 5 ás 21:00h no Auditorio terá lugar o Concerto de Reis das escolas de música municipais.
As actividades pecharanse o día 7 de xaneiro coa IX edición do Duatlón-cross de Reis polas terras da parroquia de Salto.
Ademáis destas actividades durante toda a época de Nadal, Papá Noel, percorrrerá as rúas agasallando ás vimiancesas e vimianceses con caramelos.
Programación de Nadal