Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Actualización 14/11/2017: incorporación de táboa cálculo cos límites de ingresos familiares segundo a categoría (vulnerables, vulnerables severos, vulnerables con circunstancias especiais),referenciados ao IPREM 2017 (14 pagas)
Normativa:
Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 242 do 7/10/2017)
A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 kW e estar acogido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre.
Consumidor vulnerable
Cumplidos os requisitos anteriores terá a consideración de consumidor vulnerable quen cumpra algún dos seguintes requisitos (abonda con un deles):
Consumidor vulnerable severo
Cando cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza:
Consumidor en risco de exclusión social
Quen reúna os requisitos para ser vulnerable severo e que sexa atendido polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local que financie polo menos o 50 % da factura, acreditado mediante documento expedido polos ditos servizos sociais.
A subministración a un consumidor que acreditase os requisitos anteriores e estea acollido á tarifa de último recurso (TUR) será considerado subministración de electricidade esencial.
Beneficiarios do novo bono social eléctrico | ||||
Categoría | Límite de renda | Límite de consumo con BS | Desconto PVP | Prazo corte subministro |
Consumidores vulnerables | ||||
Familias vulnerables | Fam. sen menores con renda ≤ IPREM | Fam. con un menor e 2 veces o IPREM | Fam. con 2 menores e 2,5 veces o IPREM | - Sen menores: 1.200 Kwh/ano - Con un menor:1.680 Kwh/ano - Con 2 menores: 2.040 Kwh/ano | 25% | 4 meses |
Circunstancias especiais | Os limiares de renda anteriores incrementaranse en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, do terrorismo e fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%. | |||
Familias numerosas | Sen límite | 3.600 Kwh/ano | 25% | 2 meses |
Fam. con pensións mínimas | Sen límite | 1.680 Kwh/ano | 25% | 2 meses |
Consumidores vulnerables severos | - Fam. con un 50% menos de renda que as familias vulnerables. - Fam. numerosas con rendas inferiores a 2 veces o IPREM - Fogares de pensionistas con rendas equivalentes ao IPREM | 40% | 4 meses | |
Consumidores en risco de exclusión social | Consumidores vulnerables severos atendidos polos servizos sociais. | 50% | Non poderá ser suspendido. Admón. autonómica ou local asume o 50 % da factura |
Cálculo das rendas
A renda calcúlase sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da última declaración do IRPF (casillas 392 e 405). Sumaranse as contías correspondentes a todos os membros da unidade familiar.
Se o solicitante ou calquera dos integrantes da unidade non presentasen declaración por non estar obrigados a iso partirase dos datos que consten na AEAT.
A estes efectos consideraranse os rendementos do traballo, do capital ou de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, de acordo co concepto establecido para as devanditas rendas na normativa reguladora do IRPF.
Ámbito temporal do bono social - Renovación cada 2 anos O bono social aplicarase durante o prazo de dous anos, salvo que con anterioridade se perda algunha das condicións que dan dereito á súa percepción. Será prorrogable si se solicita a renovación con unha antelación mínima de quince días hábiles da finalización do prazo dos dous anos. No caso de que antes do prazo de dous anos, ou antes de que finalice o período de vixencia do título de familia numerosa, se produza a perda dalgunha das condicións que dan dereito á percepción do bono social, este deixará de ser aplicado desde o día en que se materialice a perda da condición. |
Obriga de actualización de datos
O consumidor acollido ao bono social ou, no seu caso, a Administración autonómica ou local cuxos servizos sociais estean a atender ao consumidor en risco de exclusión social, estarán obrigados a comunicar ao comercializador de referencia calquera cambio que supoña a perda da condición de consumidor vulnerable ou, no seu caso, de vulnerable severo, no prazo máximo dun mes desde que se producise.
Non suspensión da subministración de electricidade ao consumidor en risco de exclusión social
A subministración de electricidade do consumidor que teña a condición de vulnerable severo acollido á TUR e que estea a ser atendido polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local, non poderá ser suspendido cando a dita administración asuma polo menos o 50 por cento do importe da súa factura a PVPC previo á aplicación do desconto por bono social, e o pago sexa efectuado e acreditado mediante o correspondente certificado ante o comercializador de referencia no prazo de cinco meses desde a emisión da factura.
Documentación
Solicitude, acompañada da seguinte documentación
Acreditación das circunstancias especiais O certificado ou documento acreditativo emitido polos servizos sociais do órgano competente ou o órgano que designe a Comunidade Autónoma poderá seguir o modelo do anexo II. Para a súa expedición, o solicitante deberá achegar aos servizos sociais a documentación seguinte no caso de que o solicitante ou algún dos membros da unidade familiar esté en algunha das circunstancias especiais:
|
A concorrencia das referidas circunstancias especiais debe acreditarse tanto na solicitude como na renovación do bono social, mediante a presentación do certificado ou outro documento acreditativo válido.
Lugar de presentación
A solicitude do bono social poderá realizarse a través dos seguintes medios, acompañada da documentación acreditativa:
O formulario de solicitude deberá estar dispoñible na páxina web do COR, así como nas súas oficinas de atención presencial ao consumidor, cando estas existan.
Consumidores acollidos ao bono social á entrada en vigor da orde
Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, disporán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.
Durante este período transitorio o comercializador non poderá levar a cabo refacturacións por incorrecta aplicación dos límites de enerxía fornecida previstos no anexo I, das que resulte un prexuízo económico para o consumidor.
Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data do 10/10/2017, sexan beneficiarios do bono social, e estivesen inmersos nun procedemento de suspensión de subministración de electricidade por falta de pagamento, verán ampliado o prazo para a suspensión da subministración a 4 meses desde que se lles requiriu fehacientemente o ingreso, sen que o mesmo se fixera efectivo.
Para máis información poden dirixirse a Área de Benestar Social do concello