Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
.
Mais de 600 palilleiras chegadas de distintos puntos de Galicia e de León e Salamanca participaron o sábado 4 de novembro na 11ª edición da Xuntanza de Palilleiras organizada pola asociación As Nemanquiñas.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a presidenta das Nemanquiñas, Lourdes Lema e membros das corporacións municipais de Camariñas e Vimianzo.
Lourdes Lema agradeceu a asistencia das e dos participantes e a colaboración dos comercios de Vimianzo e de Baíñas, que colaboraron doando agasallos que ao final da xornada se sortearon entre as asistentes.
O alcalde de Vimianzo Manuel Antelo agradeceulle a Asociación As Nemanquiñas os esforzos para organizar esta xuntanza e dirixiuse ás emprendedoras e emprendedores para que teñan en conta este sector como potencial xerador de actividade económica. O alcalde recordou que, en décadas anteriores, o panillo era un importante xerador de recursos para as econmías familiares.