Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-10-2017

O congreso internacional sobre a emigración desenvolvido en Vimianzo puxo de manifesto indicadores que poderán ser utilizados para o deseño de políticas públicas

Durante a semana pasada desenvolveuse en Vimianzo o congreso internacional Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea.
Este congreso, organizado polo Concello de Vimianzo, en colaboración co Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña (ESOMI – www.esomi.es),enmárcouse no proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015.
No congreso internacional participaron representantes de entidades locais de distintos paises da Unión europea: 

-Concello de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra – POLONIA

-Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo – PORTUGAL

-Newry, Mourne and Down District Council – REINO UNIDO

-Comune di Petrosino – ITALIA

-Concello de Obec Zemplínske Hámre – ESLOVAQUIA

Dende a organización cualifican o desenvolvemento do congreso dunha maniera moi positiva, xa que puxo de manifesto distintos datos que permiten deseñar políticas públicas e medidas de ámbito social para abordar o ámbito migratorio.
Púxose de manifesto que os movementos migratorios se foron construíndo a través de distintos proxectos de desenvolvemento e os e as inmigrantes, en moitos casos, foron e son instrumentalizados polos estados. 
Resultan moi interesantes os estudos académicos que demostran que existe unha relación entre as migracións de finais do século XX e as cadeas migratorias actuais, xa que se moven, xeralmente, nos mesmos ámbitos e os novos emigrantes se ocupan nas mesmas tarefas e traballos que os anteriores. Este feito racha, en parte, co imaxinario da nova emigración conformada por emigrantes cunhas cualificacións profeionais altas.
Dende a organización traballarase, no futuro, para darlle contiunidade a estes traballos e aproveitar as redes creadas.
 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X