Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Dende o mércores até o venres Vimianzo acollera o congreso internacional Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea.
Este congreso, organizado polo Concello de Vimianzo, en colaboración co Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña (ESOMI – www.esomi.es),enmárcase no proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015.
O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro.
Neste congreso participan as seguintes delegacións internacionais:
-Concello de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra – POLONIA
-Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo – PORTUGAL
-Newry, Mourne and Down District Council – REINO UNIDO
-Comune di Petrosino – ITALIA
-Concello de Obec Zemplínske Hámre – ESLOVAQUIA