Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-09-2017

O Concello de Vimianzo presenta a programación do Auditorio para os meses de outubro a decembro

O Concello de Vimianzo presenta a programación do Auditorio para os meses de outubro a decembro

20170928. A concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei e o alcalde Manuel Antelo presentaron hoxe a programación para adultos do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outubro a novembro.

Trátase dunha programación de primeiro nivel que traerá a Vimianzo as últimas estreas das compañías de teatro máis importantes do panorama galego xa que o Auditorio vimiancés forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A programación comezará o vindeiro sábado 7 de outubro coa representación de A cabeza do dragón, a primeira adaptación ao galego da obra de Valle Inclán. Nos meses de outubro a decembro pasarán por Vimianzo obras como Raclette, Get Back, Ubú Rei, Estado de graza, Nacidas libres, O caso é ter saúde e Elisa e Marcela.

As representación serán os sábados ás 21:00 h, agás a do día 10 de decembro que será o domingo ás 20:00.

Terán un prezo de 5€ e haberá bonos de 30€ para todas as representacións e tarifas reducidas para maiores de 65 anos e estudantes a 2,5€.

Tamén se programarán actividades destinadas ás cativas e aos cativos da casa. Esta programación será presentada a vindeira semana.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X