Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Segundo datos da Axencia galega de sangue, órganos e tecidos, o Concello de Vimianzo está moi perto de alcanzar os niveis de doazón recomendados pola OMS, situados en 40 doazón por cada 1000 habitantes.
Os datos do Concello de Vimianzo referidos ao ano 2016 situan as doazóns en 35 doazóns por cada 1000 habitantes.
A dita Axencia galega de sangue, órganos e tecidos (ADOS), remitiu recentemente unha misiva ao Concello de Vimianzo parabenizandoó polos resultados obtidos durante o ano 2016 e nas campañas de doazón efectuadas durante o ano 2017, nas que se incrementaron o número de doazóns e de novos doantes.
Na comunicación a directora da ADOS agradecelles ao Concello de Vimianzo a súa colaboración nas camapañas de difusión e á veciñanza de Vimianzo a súa solidariedade.
O vindeiro luns, día 11 de setembro, a unidade móbil da ADOS estará na Praza do Concello de Vimianzo en horario de mañá e de tarde e o vindeiro sábado 16 en Baíñas en horario de mañá.