Concello de Vimianzo
15 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-08-2017

O Punto Limpo de Vimianzo xa está funcionando a pleno rendemento

Foron moitos os veciños e as veciñas que se achegaron ao Punto Limpo de Vimianzo para depositar pos seus residuos.

A instalación está situada no Parque Empresarial de Vimianzo e abrirá os xoves de 9 a 13h e de 15 a 17h e os sábados de 10a 14h.

Poderán depositar os residuos todas as persoas empadroadas no Concello de Vimianzo.

Ademáis está en marcha un concurso por medio do cal se sortearán catro premios mensuais entre todas aquelas persoas que depositen os eus residuos no Punto Limpo. Serán dous premios de 50€ para gastar en establecementos comerciais de Vimianzo e dous premios de 50€ para gastar en restaurantes.

Aquelas persoas que teñan que depositar algún residuo voluminoso e non poidan trasladalo ao Punto Limpo poden chamar ao teléfono 698148504 e, con periodicidade mensual, pasarán a recollerllo no seu domicilio de maneira totalmente gratuita.

Para o alcalde, Manuel Antelo, a apertura do Punto Limpo marcará un antes e un despois no tratamento dos residuos no Concello de Vimianzo.

A apertura do Punto Limpo é o primeiro paso dunha estratéxia moito máis ampla, na que o Concello de Vimianzo está traballando dende fai tempo, e que permitirá, por unha banda reducir os importantes custos destinados ao tratamento do lixo, e por outra, contribuirá ao coidado do Medio ambiente fomentando a reciclaxe e evitando os vertedoiros incontrolados.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X