Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Papá Noel dirixiuse a dous grupos de alumnos e alumnas do CEIP San Vicenzo por videoconferencia desde a súa casa de Laponia. Os nenos e nenas achegáronse coas súas mestras ao telecentro para facerlle as súas peticións a Papá Noel, que os atendeu desde a súa casa de Laponia, onde ía anotando os regalos que lle pedían desde Vimianzo. A cambio os nenos e nenas regaláronlle unha panxoliña.
Tamén o alcalde puido falar con Papá Noel para lembrarlle que aqueles que non puideron facerlle a petición por videoconferencia o van facer o venres persoalmente, cando veña á Festa de Nadal na Casa da Cultura.