Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Dentro da intensa axenda de actividades culturais impulsada polo departamento de turismo e patrimonio de Vimianzo para este verán, a artesanía mantén un papel destacado co obxecto de salientar o Castelo medieval como importante centro de artesanía da comarca.
A exposición da Asociación de Amigos do Liño é resultante dun traballo de pescuda histórica sobre as vestimentas e roupaxes de principios do século XX, unha mostra que recolle dende complementos do fogar como sabas ou manteis ata traxes de época ou elaborados vestidos de noiva.
A exposición titulada: “Moda de Liño. Colección 1900” achega ao observador a principios do século XX a través da ambientación dos preciosos tecidos confeccionados co liño e as técnicas tradicionais.
A mostra pódese visitar na Cociña do Castelo até o 15 de agosto.